Rafa Domínguez anuncia unha campaña "intensa" do PP local

Pontevedra
07 de maio 2019

Emprego, Abrir Pontevedra á Ría, transporte público, extensión da reforma urbana aos barrios, fin do abandono do rural e o sistema de recollida de lixo porta a porta centrarán as súas mensaxes para "Unha Pontevedra Capital"

Reunión da Xunta Local do PP de Pontevedra
Reunión da Xunta Local do PP de Pontevedra / PP de Pontevedra

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, anuncia "una campaña intensa para dar a conocer nuestro proyecto en cada rincón". Así o afirmou este martes, durante a reunión da Xunta Local do PP, previa ao arranque da campaña electoral que comezará ás doce da noite deste xoves 9 de maio.

Emprego, Abrir Pontevedra á Ría, transporte público, extensión da reforma urbana aos barrios, fin do abandono do rural e o sistema de recollida de lixo porta a porta centrarán as súas mensaxes para "Unha Pontevedra Capital".

"Queremos una campaña en positivo, en la que se confronten propuestas y se hable de proyectos. Presentamos nuevas ideas después de 20 años de lo mismo y queremos que los pontevedreses las conozcan. Hace falta un cambio", dixo o alcaldable do PP.

Os populares de Pontevedra contarán durante a campaña electoral co apoio do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, do presidente provincial, Alfonso Rueda, de Ana Pastor e de diversos conselleiros que durante estes quince días acompañarán ao candidato popular nos diversos actos que se desenvolvan no municipio.

 

Arquivado en