Rafa Domínguez anuncia en Madrid a súa primeira medida se chega a alcalde: retirar o 'non grato' a Rajoy

Pontevedra
19 de xaneiro 2019

O alcaldable realizou unha breve intervención na convención do PP e asegurou: "el 26 de mayo, lo primero que haré cuando sea alcalde será retirar ese nombramiento indigno de Mariano Rajoy, no se lo merece". Criticou que Lores "tuvo la desfachatez de nombrar a Mariano Rajoy en Pleno persona non grata" 

Intervención de Rafa Domínguez na convención do PP en Madrid / PP de Pontevedra

O presidente local do Partido Popular de Pontevedra e candidato á Alcaldía, Rafa Domínguez, anunciou este sábado en Madrid cal será a súa primeira medida se se converte en alcalde tras as eleccións do próximo mes de maio. Retirará o nomeamento de Mariano Rajoy comopersoa non grata, acordado polo Pleno da Corporación en febreiro de 2016 a proposta de PSOE e Marea e co apoio do BNG, o voto en contra de Cidadáns e a abstención do PP, que se ausentou da sesión durante a votación.

Domínguez realizou unha breve intervención dun minuto na segunda xornada da convención do PP 'España en libertad', na que o partido que preside Pablo Casado dedicará tres días ao seu rearmamento ideolóxico e aproveitou para anunciar: "el 26 de mayo, lo primero que haré cuando sea alcalde será retirar ese nombramiento indigno de Mariano Rajoy, no se lo merece".

O presidente dos 'populares' pontevedreses presentouse como veciño de "la ciudad más bonita del mundo, que es Pontevedra" e asegurou estar "orgulloso de ser el candidato de mi ciudad por el Partido Popular" e tamén de pertencer a este partido.

"Orgulloso do Partido Popular de Fraga, orgulloso do Partido Popular de Aznar, orgullo do Partido Popular de Mariano Rajoy e orgulloso, como non, do Partido Popular de Pablo Casado", asegurou Rafa Domínguez, que explicou ante os asistentes á convención que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, "tuvo la desfachatez de nombrar a Mariano Rajoy en Pleno del Ayuntamiento persona non grata".

O minuto da súa intervención terminouno asegurando que  Pontevedra "se merece un alcalde que trabaje por los pontevedreses, no un alcalde que insulte" e a un rexedor que "traiga progreso, riqueza y estabilidad". Asegurou que eses atributos "los trae siempre el Partido Popular allá donde va y allá dónde gobierna".