RADIO.- Un alto executivo que reorientou a súa vida e agora é "un andarín, tecedor de historias emprendedoras"

Pontevedra
01 de febreiro 2023

Francisco Rábano percorre a costa peninsular en busca de proxectos emprendedores ambientais, sociais ou de comercio local. Antes era un alto executivo dunha empresa multinacional de Silicon Valley. Falamos con el en PontevedraViva Radio á súa chegada a Vilagarcía

Francisco Rábano no seu percorrido polas Rías Baixas
Francisco Rábano no seu percorrido polas Rías Baixas / Francisco Rábano

Unha das primeiras cousas que nos conta o invitado ao podcat 'Cara a cara' cando contactamos con el é que chegara a Vilagarcía cun subidón de ánimo. Neste municipio das Rías Baixas sumaba os 4.000 quilómetros que levaba percorridos da costa ibérica. Réstalle xa completar o tramo atlántico para encarar a costa cantábrica e concluír o periplo en Ondarribia (Fuenterrabía, Donostia).

Francisco Rábano saíu hai algo máis dun ano desde Port Bou "buscando historias de emprendemento ambiental, social ou de apego ao terreo". Dá visibilidade a estas iniciativas nas súas redes sociais, web e tamén en colaboracións co programa de RTVE 'Emprende'. Este periplo ten un nome propio, Lenta Premura

Ata aquí pode resultar a quen lea, unha experiencia máis ou menos interesante. O plus engádese mirando uns anos atrás. En 2016 levaba sete anos como alto executivo dunha empresa de Silicon Valley que expandiu por España, Portugal, Italia e Suramérica. Ata que o seu corpo dixo basta tres veces e o estrés ingresouno nun hospital. Unha chamada amiga fixo virar o seu compás vital.

O resto da historia e outros aprendizaxes que vai a acumulando pódelos escoitar do propio Francisco Rábano no podcast dePontevedraViva Radio que achegamos a esta información. Ou descargalo e reenviarlo a quen poida motivar