Ucraína é país independente desde 1991, tras a disolución da Unión Soviética. Pero e antes que era?; a agora reiterada cidade de Leólopis onde estaba e que foi historicamente Galitzia ou a tamén chamada Galicia dos Cárpatos para este país?; como, a mediados do século pasado, Ucraína posicionábase no contexto europeo en produción industrial, industria armamentística ou en investigación de alta tecnoloxía?; tería sido este escenario bélico de asinar Ucraína en 1994 o Tratado de Non Proliferación Nuclear?, que significa aquel Tratado?.
Son algunhas das cuestións que explica en PontevedraViva RadioManuel Artime Omil, doutor en Filosofía, investigador en Filosofía da Historia e Historiografía e profesor titor do Centro Asociado da UNED en Pontevedra.
Nestas semanas de conflito bélico a poboación interiorizou a localización xeográfica de Ucraína e os seus límites europeos, tamén múltiples cidades do país ucraíno e quizá por primeira vez oíu falar do Grupo Wagner e o Batallón Azov. Artime Omil lembra cal é a orixe de ambos os grupos paramilitares que estarían a intervir na guerra aberta.
Nos últimos dez anos neste conflito hai "dunha parte un nacionalismo integrador (Ucraína) e por outro un nacionalismo disgregador (Rusia) e prodúcese unha memoria pendular: as partes máis nacionalistas ucraínas reivindican a Stepán Bandera, un heroe que para eles loitou contra todos os invasores, pero que os rusos o consideran un nazi", comenta nunha das súas exposicións.
"Onde é máis difícil entenderse é en cuestións de identidade e diversidade e aquí é onde as solucións institucionais foron máis descoidadas e producíronse estas tensións internas por non saber entender as diferentes sensibilidades e identidades culturais; aínda que tamén hai un factor externo de axitación" explícanos durante a charla que mantemos no 'Cara a cara' e que axudará a comprender diversos vértices desta guerra que ten en albas á comunidade internacional.