RADIO.- Por que elixir Pontevedra como destino vacacional este verán

Pontevedra
05 de xullo 2020

Motivos e atractivos para viaxar a Pontevedra este verán hai múltiples. Tanto se é a primeira vez, coma se decídese volver a este destino turístico,  chequeamos propostas, lugares e recomendacións coa concelleira de Promoción Económica e Turismo,  Yoya Blanco

Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica e Turismo
Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica e Turismo / Mónica Patxot

En familia, con amigos, en parella ou en solitario, Pontevedra como destino turístico ofrece múltiples alternativas para gozar deste verán. En primeiro lugar, e diante da situación sanitaria pola COVID19, porque é un destino seguro como explica a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, en PontevedraViva Radio.

Escapar dos rigores do termómetro estival é outro aliciente que asegura o microclima das Rías Baixas. A súa localización permite ademais establecer o "campamento base" na cidade do Lérez e desprazarse para facer visitas a outros emprazamentos de interese da provincia e da Comunidade. Moverse por Pontevedra é "aparcar o vehículo e camiñar con comodidade".

E falando de camiñar, é imprescindible pasear e coñecer o seu patrimonio histórico, de forma particular ou a través das visitas guiadas que se retoman o 7 de xullo. Igualmente recomendable e posiblemente non tan coñecido polo turista, é penetrarse nos seus roteiros pola natureza. Quen escoite o podcast Vuelvo a Pontevedra, van atopar algunhas recomendacións que fai a titular de Turismo, tanto para o día como para a noite.

Yoya Blanco tampouco pasa por alto outra opción que esta 2020 gana enteiros e que ten o seu espazo en Pontevedra: as autocaravanas. Completando opcións para gozar deste destino, deixamos outra proposta, percorrer ou identificar edificios e espazos da ciduad que quedaron plasmados en series e películas. 

A web Visit Pontevedra é un primeiro escaparate virtual do que a realidade desta capital ofrece aos turistas que regresen ou cheguen á cidade por primeira vez. Ferramenta a través da que ademais se pode acceder ao sorteo de bonos con noites en aloxamento que inclúe a campaña #VuelvoAPontevedra.