RADIO.- Polo correo do vento: un Puntazo de aniversario

Pontevedra
30 de novembro 2018

Pontevedra ten un Puntazo, de PontevedraViva Radio, recala no décimo aniversario de Polo correo do vento

Enrique Mauricio e Carlos Taboada de Polo correo do vento
Enrique Mauricio e Carlos Taboada de Polo correo do vento / Mónica Patxot

A Casa da Luz acolle estes días unha exposición que compendia a primeira década dunha das empresas culturais de Pontevedra, con participación no proxecto municipal Pontevedra ten un Puntazo. Trátase de Polo correo do vento unha iniciativa que Enrique Mauricio e Carlos Taboada expuxéronse en 2018 para editar un libro... e xa levan 20. 

Polo correo do vento, non é unha editora, é fomento da lectura, é comprensión oral en galego, é desenvolvemento da creatividade e a expresión artística. Dirixido a un público "moi sincero" como eles afirman en PontevedraViva Radio; o público infantil, e tamén o familiar.

Crean libros que posteriormente 'representan' en directo. Non só se basean nestes libros para as súas intervencións, co tempo foron diversificando o formato e o contido das súas propostas.

Non dubidaron en sumarse ao proxecto Pontevedra ten un Puntazo cando xurdiu porque "nos encanta esta rede de profesionais que colaboran, que se axudan, que se coñecen e queriamos estar" e porque "en Pontevedra temos a sorte que hai moita xente que vive da cultura, queremos reivindicar que somos traballadores como outro calquera, que somos obreiros da cultura", din no programa de PontevedraViva Radio.