Para esta edición de Podcans, o educador canino Diego Álvarez, extrae e explica e a través do libro - que recomenda -, 'Máis que xogos' de Santi Vidal máis Eli Hinojosa, que é o xogo para un can, que beneficios repórtalles e que tipos de xogos pódense practicar. Isto é, xogos sociais, xogos físicos, cognitivos e exploratorios.
De igual forma apunta algúns aspectos para ter en conta como a importancia de xestionar ben o xogo; non impoñelo e prestar atención a que o can non asocie o xogo á ausencia ou a presenza do seu guía, explicando as consecuencias que poden ter eses erros, entre outros.
Esta temática do xogo tamén continuará no seguinte programa de PontevedraViva Radio; que ademais pode vir acompañado dunha "sorpresa" que se desvelará na seguinte edición do podcast.
A imaxe que acompaña este programa é a de 'Choco', que como todos os ' peludos' que aparecen, requiren de adopción. Está polo momento recibindo coidado na Asociación Cadeliños, ten tres anos, está esterilizado e socializa ben con persoas e con outros cans; pero non con gatos, polo que recomenda absterse a quen conviva cun felino.