O educador canino Diego Álvarez, explica como se interpreta e que significa unha serie de comportamentos entre as persoas e entre os cans. Para iso toma como base un libro que ademais serve de recomendación para este programa: 'Cans soltos e libres. Unha guía de campo para dar ao teu can a mellor vida posible' de Marc Bekoff e Jessica Pierce. Para esta ocasión, a imaxe que ilustra o podcast é a de 'Rambo' que require adopción e está custodiado por Tú eres nuestra ayuda. Ten dous anos, está castrado e microchipado, móstrase inseguro con persoas pero sociable con outros cans".
RADIO.- Podcans: Comprende os comportamentos do teu can para darlle unha vida mellor
Pontevedra
01
de febreiro
2021
Un comportamento determinado nun can non é equiparable ao dunha persoa. O educador canino de Podcans, Diego Álvarez, explica en PontevedraViva Radio que significan e que deben facer os seus guías
Máis novidades