RADIO.- Os do Val do Lérez poñen banda sonora á Playlist

Pontevedra
10 de febreiro 2018

A Playlist de PontevedraViva Radio tamén se contaxia do entroido e ten como convidados a catro dos integrantes da murga Os do Val do Lérez que este ano asumen o engadido de pregoeiros á súa participación nestas festas de Pontevedra

Murga Os do Val do Lérez en PontevedraViva Radio
Murga Os do Val do Lérez en PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Catro dos integrantes da murga Os do Val do Lérez sumáronse á Playlist de PontevedraViva Radio. As súas seleccións ben poden encaixar nestas festas do entroido. Datas nas que ademais, neste 2018, tocoulles exercer de pregoeiros do entroido de Pontevedra.

O seu e o entroido, non é cousa de fai dous telexornais. Empezaron hai quince anos como comparsa cando learon a 70 participantes nun par de semanas; a súa orixe estaba na banda de música de Tenorio. Algúns xa colaboraban cos míticos " Sibaritas". Tres anos despois crearon a murga.

Johnny Güimil vive en Barro. Na súa faceta profesional exerce de profesor de música en Primaria e na faceta de entroido de "xefe" de Os do Val do Lérez. Seguindo o percorrido por este val, Alberto Rosendo, caldelán e autónomo, transfórmase unha vez que se enfunda no disfrace.

Felipe Veiga é de Tenorio pero reside en Pontevedra onde é tamén autónomo e completando o elenco de invitados, Andrés González é o que pon o acento pontevedrés desde Bora e o que agradece ás familias de todos estes murgueros a axuda e comprensión ante tanta ausencia para preparar a súa implicación no entroido.

Do primeiro ao último, entre entroidos, peregrinas e feira franca, quedan cos primeiros entre as citas festivas desta capital - iso si, tampouco renuncian ao resto -. Preguntámoslles pola súa participación este ano no concurso de murgas e na mostra da parodia. O primeiro está baixo control, a segunda... baixo a inspiración da última semana.

Conclúen esta Playlist con selo propio. Con que?... mellor escoitalos.

Arquivado en