RADIO.- Os brazos de Alaska levan a súa creatividade na pel

Pontevedra
13 de abril 2017

Di a prensa especializada daquel momento que "o new romantic e a new wave tiveron en Barcelona (ao pontevedrés) Luís Fortes Ledo, como un dos máximos representantes da pret a porter de principios dos 80". Coñeceu e chegou a vestir a artistas da década; como Alaska, que se tatuou nos brazos una dos seus creacciones. Coñecemos no Cara a cara de PontevedraViva Radio a este pontevedrés, afincado na cidade condal antes de cumprir a maioría de idade.

Luis Fortes Ledo acompáñanos no Cara a cara de PontevedraViva Radio
Luis Fortes Ledo acompáñanos no Cara a cara de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

 Ninguén, ou moi poucos, son profetas na súa terra. E este non é o caso de Luís Fortes Ledo, deseñador pontevedrés, quen reconoce que lle custou entender este paradoxo da vida. Tocoulle estar na Pontevedra dos anos 60. Moi pronto se decatou que aquela cidade do Lérez  "viscontiana" non era para el: "eu quería voar", di. Con 8 anos a súa nai envioulle a Inglaterra a estudar inglés e comezou a darse conta de cal era o seu mundo. Anos despois, con 14, o cinema e "O gran Gatsby" encarnou os seus desexos. Así que a súa nai acompañoulle ao xastre e de alí saíu unha réplica que "se plantou no instituto e foi así sempre". Nesa adolescencia rodeábase de amizades "estridentes" para a Pontevedra daquela época. Recoñece que atreverse a ser el, non foi sinxelo, todo o contrario. Con 16 anos marchouse a Barcelona e na cidade condal sentiu como peixe na auga.

Enseguida xurdiulle a oportunidade de abrir a súa tenda que converteu nun "cartoon" á que acudía a farándula, e os nomes propios do sector do deseño de moda do momento. Coñeceu  a Grace Jones, Paloma Picasso, Amparo Muñoz, Alaska, Miguel Bosé, Carmen Maura...en ocasións cando o mito faise carne, deixa de ser o primeiro para converterse nun ser humano máis, coas súas virtudes, pero tamén cos seus defectos. De todo ese elenco do artisteo, só salva a un: Thierry Mugler.

Neste Cara a cara de PontevedraViva Radio lamenta que non houbese un "mecenas" que apoiase as súas creacións - considérase un creador, máis que deseñador -, porque nese mundo, a creatividade e o amparo económico, van da man. Ante a realidade, afirma que se fixo unha burbulla para estar  "no seu mundo". Desde esa atalaia segue traballando, vivindo e gozando sempre que a vida permíteo.