Neste terceiro capítulo de 'Cos 5 sentidos' completamos o percorrido proposto polas prazas desta capital. Empezamos bordeando a parte oeste da zona vella pontevedresa subindo por Arcebispo Malvar e isto significa percorrer o que na época medieval foi o límite amurallado da cidade. A primeira parada deste episodio é a Real Basílica de Santa María a Maior.
Toca deterse nunha praza avenida, que concita múltiples elementos de atención. A seguinte parada é a praza con nome doutro literato, neste caso o poeta Curros Enríquez; aínda que co paso do tempo e desde as súas primeiras referencias foi acumulando diferentes denominacións.
O lugar final deste periplo é a gran praza pontevedresa: a Ferrería. É un emprazamento que serve de nexo con outras prazas: a Praza da Estrela, a Praza de Ourense e a Praza da Peregrina, parada obrigatoria para os peregrinos e turistas. Hai un elemento reiterado nestes tres podcast dedicados ás prazas pontevedresas; pero non hai spoiler, escoita e descúbreo.
O podcast completo está na ligazón adxunta e tamén para escoitar e descargar desde a web de PontevedraViva Radio. 'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).