RADIO.- Guay do Paraguai?... se sabes o que significa, como bo boomer, escoita este programa

Pontevedra
19 de novembro 2023

'Boomer o último' coida a linguaxe, ou para ser sinceros... revisa a linguaxe. As palabras, as frases que como un mantra repetía a xeración boomer están neste podcast de PontevedraViva Radio

Jesús Fontantes máis Marcial Outeda fan 'Boomer o último'
Jesús Fontantes máis Marcial Outeda fan 'Boomer o último' / PontevedraViva

Cada xeración ten as súas palabras, as súas frases coas que se exprasan, se entenden e se identifican. A xeración boomer tamén tivo as súas e Marcial Outeda e Jesús Fontanes fixeron un inxente traballo recompilatorio para este podcast de 'Boomer o último'.

'A pedir de Milhouse', 'es un Pink Floyd', 'a cagaste Burt Lancaster', 'efectiviwonder', 'guay do Paraguai', 'alucino pepinillos', 'paseino pirata',  'nasti de plasti'... vas facendo memoria?. Outras apostilas tan populares daqueles anos viñan de programas ou de personaxes de televisión que se facían, en termos deste século, virales. Sucedeu con aquel 'dígamelón?', 'se me queredes, irse', ' non pueedorrrr', 'cantidubi',... coa súa retranca habitual, Jesús e Marcial fan honra aos boomers.

O podcast pódese escoitar desde a ligazón que se adxunta e igualmente pódese escoitar e descargar desde a web de PontevedraViva Radio.