RADIO.- 'Cos 5 sentidos' entra na historia do Mosteiro de Poio

Pontevedra
16 de decembro 2023

Este cuarto capítulo do podcast de PontevedraViva Radio trae un primeiro achegamento a este cenobio situado na parroquia de San Xoán de Poio

O podcast 'Cos 5 sentidos'
O podcast 'Cos 5 sentidos'

'Cos 5 sentidos' continúa descubrindo o patrimonio histórico e cultural que ofrece a ría de Pontevedra. Neste podcast, e nos dous seguintes, o protagonista é o Mosteiro de Poio. Para este primeiro capítulo focalizamos a atención na historia deste cenobio que comeza no século VII e resulta difusa ata a metade do século XV.

Naquel momento chega ata Poio a Congregación de San Benito de Valladolid e un século despois alberga tamén o Colexio Maior de Pasantes e Teoloxía. A súa estancia concluirá en 1835. Algo máis de cinco décadas despois tomarán a substitución monacal os frades da Orde Mercedaria.

Actualmente son estes monxes os que seguen custodiando a actividade e a historia que atesoura o mosteiro, intra e extra muros; pero isto será motivo dos seguintes capítulos do podcast que se pode escoitar na ligazón que se adxunta e tamén descargar e escoitar desde a web de PontevedraViva Radio.

 'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).