Antes do comezo do Nadal falamos de iniciativas solidarias nestas datas. Para esta proposta das Conversas na Ferrería en PontevedraViva Radio acompáñannos Carmen García, coordinadora do voluntariado na Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro. Eles organizan desde hai 24 anos un rastrillo solidario nesta capital, cuxos fondos se destinan a investigación e sufragar a actividade que durante o ano desenvolve a AECC.
José Luis Doval, delegado en Pontevedra da Fundación Provincial do Banco de Alimentos, fálanos da doazón de alimentos tras a gran recollida solidaria que convocan cada mes de decembro e cal é o destino destes produtos que empresas e particulares achegan.
Sagrario Fariña é voluntaria do Comedor de San Francisco, onde acoden seis días á semana persoas que non teñen recursos para o sustento básico. Desde a orde agradecen a colaboración, que igualmente os cidadáns e empresas, teñen con este referente pontevedrés.
E Roberto Antón, coordinador da Fundación Meniños, colaboran cos cómplices dos Reis Meigos. Antón déixanos unha boa noticia en relación a esta iniciativa que foi reformulándose desde hai oito anos.
Non todas as accións están presentes, hai venda de artigos diversos, festivais, encontros deportivos, etc... que suman a súa achega para que sexan unhas festas máis solidarias. Así que, nestas semanas de tanto consumo, non esquecerse tampouco de gardar eses tapóns para a Taponeta Solidaria.