RADIO.- Conversas na Ferrería: "Se non conto, non te voto" di o Núcleo Feminista de Galicia

Pontevedra
06 de marzo 2020

As Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio miran cara ao 8M2020 e reúnen a varias portavoces do Núcleo Feminista Galego que participan na denominada Axenda Feminista Galega

Integrantes do Núcleo Feminista Galego nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio
Integrantes do Núcleo Feminista Galego nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio / PontevedraViva

En vésperas do 8M2020 reúnense en PontevedraViva Radio catro das mulleres que representan a doce colectivos e profesionais que están a formar parte do Núcleo Feminista de Galicia. Son Rosa Arcos, presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Cintia Piña, integrante do Colectivo Feminista de Pontevedra; Carmen Cajide, presidenta da Rede Galega pola Igualdade e Elena Moreira, integrante da Asociación Teenses pola Igualdade.

Poñen sobre a mesa a Axenda Feminista Galega, o resultado do traballo que levan realizando desde fai tres anos. Neste tempo estiveron avaliando as políticas de igualdade da Xunta de Galicia, e integrando diferentes áreas de acción e consecución. O documento inclúe vinte e cinco prioridades que á súa vez teñen dúas máximas: "dotalas de orzamento para traballar con rigorosidade e dispoñer de persoal preparado, cualificado e con perspectiva feminista. Hai que conseguir a eficiencia e para iso son imprescindibles estes dous últimos requisitos".

Esta Axenda están a facela chegar ás formacións políticas que concorren ás eleccións autonómicas de abril. É neste contexto pre electoral, no que retomaron o lema "Se non conto, non te voto". Aclaran nas Conversas na Ferrería que non é un chamamento á abstención, senón á análise dos contidos políticos que se presentan para que logo procedan a exercer ese dereito en conciencia.