A última ocasión en que alumnos e profesores do IES Xunqueira I participaron nas Conversas na Ferrería estaban acompañados de mozas e docentes de Recanatti, cos que compartían o proxecto " Xunco English" e que tivo como eixo vertebrador das accións levadas a cabo a adaptación do ' Frankenstein' de Mary Shelley. Precisamente estes días, entre o 24 e o 26 de maio, Carmina Aguado e Tomás Costal, están aparticipar en Gante, Bélxica, no TISLID'18, o Congreso de Innovación e Tecnoloxías do Ensino de Linguas. Alí exponse o futuro da docencia.
Repite tamén en PontevedraViva Radio outra das profesoras do centro, Dolores Cruz, xunto a Laura Mier e Helena Casalderrey, quen comparte como viviron o proxecto multidisciplinar. Un proxecto por certo, no que xa traballan paradarlle continuidade e que mira a Transilvania e Drácula.
Non é a única iniciativa que tratan estas Conversas, tamén explican outra das propostas na que están a traballar e que pasa polo desenvolvemento dun videoxogo que contará co asesoramento dun desarrollador de contidos de entretemento dixital. E para completar, o pase como finalistas que conseguiu o coro do centro para o concurso nacional e que se resolverá o 22 de xuño.