RADIO.- Chega o momento da 'chanson' a 'El club de la esquina'

Pontevedra
25 de maio 2018

'El club de la esquina' trasládase ata a Francia dos 60 e 70 para recuperar artistas e cancións que marcaron unha época e a unha xeración. A canción lixeira francesa, a 'chanson', e Tino Domínguez amenizan unha hora de música en PontevedraViva Radio

Tino Domínguez, músico e xornalista, presenta "El club de la esquina" en PontevedraViva Radio
Tino Domínguez, músico e xornalista, presenta "El club de la esquina" en PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

'El club de la esquina' pon a atención neste programa na música lixeira. Música lixeira con anotación xeográfica: Francia e tamén temporal, a correspondente ás décadas dos 60 e 70

Nesta ocasión, Tino Domínguez, condutor do programa para PontevedraViva Radio, fai unha selección de nomes propios como os de Alain Barrière, Brigitte Bardot, Charles Aznavouz, Jacques  Brel, Georges Moustaki, Adamo, Silvie Vartan, Johnny Halliday, Francoise Hardy, Hervé Vilard, Christophe... 

Cancións procedentes do país veciño, que a  much@s trasladarán aos seus guateques de mocidade: 'Ma vie', 'Capri c'est fini', 'Aline', 'Tous les garçons et les filles', 'Cèst ma vie', 'Et pourtant', 'Hymne à l'amour', "Ce garçon", 'Le métèque'...

Non falta o mítico tema que foi prohibido na radio española (e noutros tantos países europeos) pero que non impediu chegase a ser todo un éxito: 'Je t'aime... moi non plus' interpretado por Jane Birkin e Serge Gainsbourg.

Podes contactar con Tino Domínguez e este programa a través do correo electrónico: [email protected]. 'Avant, à profiter!'