"No soy consciente de estar fuera del agua nunca (...) todos me recuerdan dentro del agua, y casi siempre debajo" e é que o noso invitado, Pedro Alonso, pasa gran parte da súa vida entre peces e algas. Pedro, submarinista por afección, fusionou os seus grandes hobbies: o mergullo, a fotografía e o vídeo para ensinarnos a todos os que nos movemos pola superficie o que esconden os fondos mariños galegos.
Sempre foi unha persoa ligada ao mar e desde hai uns anos decidiu dedicar o seu tempo libre a mergullarse e filmar os fondos. "Las rías se regeneraron" afirma o submarinista, "cada vez hay más fauna, vienen especies nuevas". Nos seus vídeos, publicados na súa conta persoal de YouTube, podemos atopar flora e fauna mariña moi variada; desde sepias, luras e polbos ata morenas, pequenas quenllas e caballitos de mar ao longo das Rías Baixas.
Cóntanos que o segredo para conseguir uns vídeos tan vivos e cheos de cor é dedicar "miles de horas de trabajo y miles de horas de fotografía, y ser un poco sincero con cada uno". Ser crítico co traballo dun mesmo é importante á hora de crear un produto audiovisual que lle guste á xente, e se algo sae mal, simplemente non repetilo.
Co verán ao virar a esquina, moitos turistas buscarán actividades acuáticas coas que entreterse. Pedro explícanos que "el turismo en Galicia es un gran desconocido" pero que a xente que vén por aquí a mergullar adoita repetir; non fai falta irse ao Caribe para ver peces de cores, as costas galegas son das máis ricas. Se tes máis de 16 anos e curiosidade polos seres que habitan as costas galegas o mergullo é a actividade perfecta para ti. Cos vídeos de Pedro poderás facerche unha idea de todo o que che podes atopar.
E estas gravacións non só permiten coñecer quen habita as costas, senón que son unha importante fonte de coñecemento para científicos mariños. De feito, Alonso mergullou con Pierre-Yves Cousteau, fillo de Jacques-Yves Cousteau, explorador do mar, fotógrafo e cinematógrafo mariño cuxo programa 'El mundo submarino de Jaques Cousteau' axudou a divulgar por televisión conceptos científicos a grandes masas de espectadores durante anos.
Relacionado coa recente alarma da gran cantidade de plástico que ensucia os fondos mariños, Pedro explícanos que estamos a converter o mar nun auténtico vertedoiro, e non só de plástico. Preocupámonos tanto de manter as praias "limpas" e sen algas que nos estamos cargando aos propios animais que se encargaban da limpeza destas, as pulgas. Temos que concienciarnos moito máis se queremos que estes ecosistemas tan ricos mantéñanse e podamos seguir gozando deles.