RADIO.- Cara a cara: Imos de Troula, imos de entroido!

Pontevedra
28 de febreiro 2019

PontevedraViva Radio ponse en modo Entroido e para este 'Cara a Cara' acompáñanos Diego Roca, un dos membros fundadores de Troula, unha compañía de espectáculos de rúa e de gran formato que cumpre 17 anos

Diego Roca, un dos socios fundadores de Troula
Diego Roca, un dos socios fundadores de Troula / Mónica Patxot

Dezasete anos cumpren este ano Troula, unha compañía de espectáculos de rúa e de gran formato que coñecen ben a actividade festiva e cultural de Pontevedra. E o público ben os coñece a eles igualmente, quen non os acompañou en Itineranta, en Feira Franca ou estas inmediatas datas de entroido na Noite Pirata?. Esta vez acompáñannos no Cara a cara.

Diego Roca é un dos catro socios fundadores, todos estudaron en Pontevedra, aínda que son oriúndos de Vigo. Tras traballar con nenos en diversas actividades, pasáronse ás animacións en BBCs, vodas, bautizos e comuñóns. E en 2002 conformaron Troula. A día de hoxe contrátanos dentro e fóra da Península. De feito esta mesma semana viaxan a Reino Unido, para participar unha vez máis no Festival Vikingo de York e antes fan un oco enPontevedraViva Radio.

Estas semanas son intensas, xa que ademais do compromiso na illa británica, tamén estarán na  Arribada de Baiona, e en varios entroidos, como o de Pontevedra, onde cada ano sacan a rúa a miles de persoas na Noite Pirata, que nesta ocasión tamén terá algo innovador. Eles son Troula, eles son animación, son espectáculo, son cultura, son ... festa.

Arquivado en