O vindeiro sábado 12 de agosto, co inicio das Festas da Peregrina, terá lugar a tradicional xuntaza dos Amigos de Pontevedra.
Nesta ocasión, eses emotivos momentos de entrega das insignias de ouro, terán outro prólogo. José Luis Fernández Sieira en lugar de relatar esas descricións escoitaraas en voz do xornalista Xabier Fortes, a quen lle pasou a substitución. Non dubida da profesionalidade e bo facer do seu sucesor.
Neste Cara a cara de PontevedraViva Radio charlamos cun ilustrado pontevedrés que conta cun Premio Cidade de Pontevedra, cun Premio Julio Camba, coa insignia de ouro da Sociedade Filarmónica de Pontevedra - da que foi presidente -, co articulista, co escritor de catro libros, co músico que todos os días segue tocando o piano.
E cun galego con moita retranca. Unha deliciosa charla na que tamén nos fala de anécdotas na súa faceta de poeta, como membro dunha rondalla, como alumno de Filgueira Valverde; como actor con Xan das Canicas e como titiritero co seu bo amigo Sabino Torres. Dálle ao clic e goza escoitándoo.