A día de hoxe e desde hai uns anos, "Pepe Shiva" ou José Víctor González, vive o Entroido pontevedrés desde o tendido. Isto non significa que non teña a súa opinión sobre o que é, a pé de 2017, esta semana, cunhas características que a fan totalmente diferente aos entroidos de Galicia. Só faltaría, máxime sabendo que a súa cabeza pariu a idea de facer un desfile de entroido na rúa e de converter ao papagaio dun boticario no principal vividor e defunto de tanta festa.
Paradoxos da vida, a finais de 1983, consecuencia da traxedia que provocou o incendio da discoteca madrileña Alcalá 20, as autoridades reuniron aos propietarios de discotecas e salas de festa da cidade para supervisar condicións de seguridade.
Nestes encontros foi onde "Pepe Shiva" propuxo que chegado o Entroido se fixera un desfile na rúa. Naquela ocasión, foron uns douscentos os primeiros participantes, e co paso dos anos atopámonos co desfile do sábado 25.
Idearon a Urco, encarnaron a Teucro -aínda que por pouco tempo- e xunto a Pepe, foron achandando o camiño do entroido pontevedrés, nomes como o de José Manuel Brea, ou os que integraban as comparsas "Juno" e "Os Shivaritas". O seguinte capítulo chega co libro "O meu vello carné" de Prudencio Landín.
Aquelas páxinas supuxeron que o loro da botica de don Perfecto tivese unha segunda vida: tan curta como chea de algarabía. A súa segunda "reencarnación" leva nome feminino, a dunha muller que apareceu en Shiva disfrazada de pajarito, chea de plumas: Bibiana Araújo.
Neste Cara a Cara de PontevedraViva Radio, asegura "Pepe" que o seu momento, xunto aos seus compañeiros de aventura carnavalera, xa pasou; pero fala con nostalxia do predicamento e seguimento que entón tiña "o día de Ravachol" e esboza algunha que outra proposta para que Ravacholiño non se chegue a diluír entre cinzas.