RADIO.- Cara a cara 8M: As mulleres que opinan son perigosas

Pontevedra
07 de marzo 2019

Gemma Herrero e Pepa Bueno foron duás das xornalistas que participaron no foro 'As mulleres que opinan son perigosas'. Ambas charlaron uns minutos con  PontevedraViva Radio

Falamos con Gemma Herrero e Pepa Bueno no Cara a cara
Falamos con Gemma Herrero e Pepa Bueno no Cara a cara / Fotomontaje: Mónica Patxot

Pepa Bueno e Gemma Herrero son xornalistas. A primeira dirixe o programa 'Hoy por hoy' da Cadena Ser e con anterioridade exerceu responsabilidades de equipo e programación en diversos medios de comunicación. Gemma Herrero 'xoga' en terreos aínda maioritariamente masculinos, o xornalismo deportivo. Ambas participaron recentemente na segunda edición do foro 'As mulleres que opinan son perigosas' xunto a outras compañeiras de profesión e ambas dedicaron uns minutos para charlar con PontevedraViva Radio.

 Gemma Herrero comezou as súas prácticas xornalísticas ao mesmo tempo que comezou a Carreira. Gustáballe o deporte. Na súa traxectoria profesional - da cobertura e seguido a clubs como o Madrid ou o Barcelona - e sabe o que é ser a única muller xornalista que viaxa cun equipo de fútbol; escoitar exabruptos nun estadio ou comentarios fóra de lugar dalgún directivo. Recibiu recoñecementos polas súas boas prácticas en comunicación non sexista. Preguntámoslle pola visibilidade das mulleres que practican deporte, pola crónica negra que se destapou e seguirá saíndo sobre abusos a deportistas ou por países onde a presenza e a participación da muller no deporte está vetada ou limitada.

Tamén charlamos uns minutos neste Cara a cara con Pepa Bueno que pon sobre a mesa unha dobre rapadoira: "mentres eles teñen carácter, as mulleres somos mandonas". Falamos do futuro e da igualdade e responde á máxima que preside o foro no que participaba: as mulleres que opinan son perigosas?.