RADIO.- A psiquiatra Anabel González publica unha guía para "aliviar o malestar psicolóxico"

Pontevedra
06 de xuño 2023

'¿Por dónde se sale?' é unha guía teórico - práctica "para fortalecer a nosa saúde mental e saír dos bucles mentais que nos impiden avanzar". Charlamos con esta psiquiatra do Sergas no podcast 'Cara a cara' de PontevedraViva Radio

A psiquiatra e psicoterapeuta Anabel González
A psiquiatra e psicoterapeuta Anabel González / Javier Ocaña

 '¿Por dónde se sale?.Cómo deshacer el miedo, aliviar el malestar psicológico y adquirir un apego seguro' fala de "o medo e a seguridade. O roteiro do medo á seguridade. A proposta é que a solución ao medo non é a calma senón que vaiamos axudando a que se desenvolva a seguridade".  Así o explica a súa autora, a psiquiatra e psicoterapeuta Anabel Gonzalez. Traballa no Sergas (CHUAC); preside a Asociación EMDR España e tamén é autora de varios libros sobre saúde mental. 

Falamos con ela no podcast  'Cara a cara' de valentías, de medos, de ansiedades e de pánico, de dores que se somatizan por non escoitar as emocións, de mirar aos ollos, de ser resilientes ou ser resistentes e tamén de soñar para lembrar e soñar para esquecer. Cuestións todas elas na que entra a doutora Anabel González neste último libro que acaba de publicar. 

Aproveitamos que temos a unha profesional da saúde mental para preguntar a súa opinión sobre un feito: España é o primeiro consumidor mundial de benzodiacepinas. Unha circunstancia que resposta a "moitas cousas diferentes. O noso sistema sanitario está como pode, tirando a mal e a atención en saúde mental tamén bastante mal e cando non hai espazo para achegar terapias máis psicolóxicas o máis rápido é dar un medicamento e dar un ansiolítico ademais" reflexiona no inicio da resposta que se pode escoitar ao completo na ligazón que se adxunta e descargar o podcast na web de PontevedraViva Radio