Esta historia comeza alá na Habana de finais dos 40, onde naceu o neno Pedro; de ascendencia cubana e española. Tivo unha infancia feliz e unha adolescencia tranquila. Poderíao testemuñar a súa nai, de 90 anos, da que absorvió o seu amor polos libros.
Na vida hai sinais que no momento en que se producen poden pasar desapercibidas, pero que como di Pedro Ferriol Suárez, "co paso do tempo dáste conta que estaban aí, que eran premonicións". Por exemplo, que a un capitán da mariña mercante cubana, cada vez que chegaba a un porto español, algo especial chegáballe, lembra en PontevedraViva Radio.
Hai historias que merecen ser contadas e hai historias que merecen ser vividas, porque a realidade pode superar á ficción e cando iso sucede é posible que só quen a vive en primeira persoa poidan interpretala. Houbo e hai quen soña, uns constrúen 'Castelos no aire', outros conseguen amarralos a terra.
Hai outra historia que arrinca nun libro, un de tantos que tiveches ao teu alcance, pero que un día deixa de pasar desapercibido e che absorve tanto, tanto, tanto, que decides escribir unha carta a súa autora - que vive a miles de quilómetros -, a través do seu editorial.
E esa escritora responde e as cartas convértense en habituais. E cando o papel xa non é suficiente comeza a comunicación verbal... Pedro Ferriol e María Victoria Moreno, separados por un océano, un 1 de xaneiro de 2003 declaráronse os seus sentimentos: ela co soneto 'Pídesme amor', el co poema 'Dime como non quererte'.
Un amor de madurez, sensato, ben meditado e con moitas ganas. Un amor que salvou as distancias, pero que non puido salvar a enfermidade. E velaí una das leccións de vida deste afable mariño que logo se fixo escritor: "o amor mídese por momentos e pola intensidade deses momentos". 'Puidese ser que puidese' di unha canción nesta Playlist, "sempre se pode máis" di Ferriol.
Que terá o mes de maio na vida de Pedro e María Victoria?... Un 1 de maio naceu ela, un 10 de maio de 2003 ela por primeira vez pisou A Habana. Un 13 de maio de 2003 casaba con aquel cubano de nacemento e galego de adopción. Un 17 de maio de 2018 a Real Academia Galega rendía homenaxe a unha estremeña de nacemento e galega de corazón.
Premoniciones... 'Tí seguirás aquí'.