Coñecer a traxectoria de Pablo Paz López a través da Playlist é coñecer tamén a traxectoria doutros mozos galegos que saíron fóra de España para completar a súa formación musical e que é posible, ou non, que poidan retornar para exercer a súa profesión de músicos na súa terra. Neste caso, foi recentemente como profesor de Conservatorio e mediante unha iniciativa colectiva privada, Sinfonietta Container, dar un par de concertos este xuño en Santiago e Vigo.
Pero Pablo Paz sente afortunado porque pode vivir do que lle gusta, é músico percusionista e especialista en Música Clásica e Contemporánea. Comezou a estudar piano con oito anos e con catorce, case de forma casual, cun tío de Vitoria, sentou por primeira vez a tocar unha batería nun local de ensaio, e "de forma natural" a música foi conducindo a súa vida; a pesar de que el mesmo di que "sinto constantemente que non levo as rendas da miña vida, algo común entre os artistas".
En Badaxoz - onde viviu cinco anos - obtivo o Grao Superior de Conservatorio; e dado que en España os másteres van a acompañados de tres ceros, completou a súa formación académica en Bélxica onde xa leva vivindo tres anos. Alí tivo ocasión de tocar coas mellores orquestras do país e tamén a oportunidade de ter por diante dezaseis concertos por Europa coa adapción musical de 'El hombre de la Mancha' de Jacques Brel.
A música tamén lle proporcionou a ocasión de coñecer á súa parella, a pianista María Domínguez, ourensá de orixe e quen como el saíu fóra a formarse, a Holanda; aínda que coñeceu a Pablo en Chipre. E a música era e é común denominador con outros tres amigos pontevedreses: Ángel Paz, Adrián Solla e Adrián Saavedra. A Ángel Paz tivemos ocasión de coñecelo en PontevedraViva Radio. Como eles repetíanse anos atrás "oxalá cheguemos a... " a ter ocasión de coñecer aos Adrianes tamén.