RADIO.- A Playlist das murgas pon banda sonora ao Entroido pontevedrés

Pontevedra
25 de febreiro 2017

A Playlist de PontevedraViva Radio tamén se impregna de entroido. A Murga Feminina, Equipo Ja e a Murga PTV con Manolo Cabada, pregoeiros neste 2017, poñen a banda sonora a esta semana retranca, bulicio e diversión.

Os catro murgueros convidados á Playlist de PontevedraViva Radio
Os catro murgueros convidados á Playlist de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

O concurso de murgas do Entroido de Pontevedra, abarrota ano tras ano o seu aforamento. Un éxito co que hai que ter coidado, xa que as tediosas esperas para conseguir un asento, tamén levan a que haxa público que desistise de acudir. Nesta Playlist de PontevedraViva Radio, a selección musical compártena tres murgas e igualmente opinións sobre como mellorar algúns destes eventos festivos.

Das tres partes convidadas, a Murga Feminina foi a última en incorporarse a este concurso. Débora Pousa e Nisama García contan o porqué decidíronse a montar un grupo, razón non lles falta e aludidos tampouco. Os seus competidores masculinos, con máis percorrido sobre os escenarios, son dos que ademais tampouco faltan noutras citas do Entroido de Pontevedra. Polo Equipo Ja, Manuel Ruibal, conta as andainas e preparativos do seu repertorio e a súa orixe: "nós somos pontevedreses, que non PTVs, porque somos de Campañó", chancea. E a luva, recíbeo con humor, precisamente Manuel Cabada da Murga PTV.

A estes últimos tocoulles este 2017 exercer de pregoeiros. Cabada lembra que levan nestes fregados desde antes do inicio do concurso oficial, cando se puxeron "os cimentos" do que hoxe é vivir o entroido pontevedrés na rúa, da man de José Víctor González e "Os Shivaritas". Entre todos conforman unha selección musical, que seguro non falta en calquera noite de festa que se tercie.

Arquivado en