No seu compromiso con poñer a innovación tecnolóxica ao servizo do paciente, Quirónsalud leva anos inmerso nun forte proxecto de transformación dixital co obxectivo de, a través da dixitalización e o Big Data, ofrecer unha medicina máis humana, personalizada, áxil e eficaz que responda, de forma adaptada a cada caso, non só ás necesidades, senón tamén ás expectativas dos pacientes.
Nese sentido, a través do seu portal para pacientes ‘MiQuirónsalud’, hoxe en día é posible acceder á historia clínica e ao resultado das probas diagnósticas que se lle realizan, así como pedir ou modificar citas, recibir alertas e recordatorios, ou manter unha relación directa cos seus especialistas sen necesidade de desprazarse ata a consulta.
NOVO SISTEMA DE AUTOADMISIÓN EN LIÑA
Así mesmo, púxose en marcha en todos os seus centros de Galicia un novo sistema de autoadmisión en liña que permite acudir á consulta médica programada sen esperas. O sistema de autoadmisión pode realizarse ben desde a aplicación móbil ben desde os quioscos informativos do hospital. Mediante calquera destas canles o paciente confirma cando chega ao hospital e obtén a súa quenda de espera en consulta sen necesidade de pasar por ningún mostrador.
Todo iso dá ao paciente un maior protagonismo na xestión da súa saúde e permite adaptar os servizos asistenciais ás necesidades que teña en cada momento. Sobre todo, tendo en conta que, actualmente, ao redor do 70% dos pacientes que acoden á rede asistencial do Grupo son usuarios do portal ‘MiQuirónsalud’, que conta xa con máis de 6 millóns de usuarios e está dispoñible de forma gratuíta tanto a través de Google Play como na Apple Store.
'PEDIR CONSULTA INMEDIATA', UN SERVIZO 24 HORAS
Outras funcionalidades que permiten evitar desprazamentos innecesarios ao hospital son a opción de ‘Pedir consulta Inmediata’, un servizo 24h que permite establecer contacto directo en liña cun especialista vía teléfono ou videoconsulta; e doutra banda os Servizos non presenciais de Quirónsalud, cos que o paciente poderá recibir resultados de probas, informes e receitas desde a comodidade do seu fogar. Cada facultativo valora cada caso en particular e recomendará se é adecuada ou non esta modalidade de atención.