'Quiché' de mexillóns gourmet Pescamar

Pontevedra
16 de xullo 2022

A serie de "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha receita na que aproveitaremos todas as propiedades do mexillón, un molusco altamente nutritivo e cun baixo contido en graxas

'Quiche'
'Quiche' / Foto de Rozemarijn van Kampen en Pexels

Para esta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", Conservas Pescamar propónnos unha receita que incorpora un dos produtos máis prezados das nosas costas e que forma parte da súa gama gourmet: os mexillóns das rías en escabeche con aceite de oliva.

Os mexillóns son altamentes nutritivos, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

Para preparar esta deliciosa 'Quiché' de mexillóns gourmet Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas demexillóns das rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar

- 1 tomate

- 1 cabaciña

- 1 cebola

- 200 ml de leite evaporado

- 3 ovos

- Aceite

- Sal e pementa

- Para a masa: 150g de fariña, 75g de manteiga

Preparación:

Colocamos a fariña sobre o mármore en forma de volcán e poñemos no centro a manteiga en tacos pequenos, un pouco de sal e 2 ou 3 culleradas de auga. Traballamos lixeiramente a masa ata obter unha pasta ligada. Deixamos repousar 30 minutos.

A continuación, estiramos a masa cun rodete e forramos coa mesma un molde de torta. Picamos o fondo cun garfo e poñémola a cocer no forno durante 8 minutos.

Cortamos a cebola e fritímola en aceite de oliva a lume suave ata que comece a estar tenra. Engadimos o tomate e a cabaciña cortados en porcións e sofritimos.

Retiramos a mestura do lume. Enxugamos os ingredientes e mesturámolos co contido das dúas latas de mexillóns das rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar. Colocamos a mestura sobre a torta.

Batemos os ovos, engadimos o leite evaporado e sazonamos con sal e pementa. Cubrimos con esta crema a torta e cocemos no forno, a temperatura media, durante 45 minutos aproximadamente.

A 'Quiché' de mexillóns gourmet Pescamar é unha boa alternativa para servir en frío o en quente, tanto en entrante como para prato principal.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.