'Quiché' de bonito do norte Pescamar

Pontevedra
23 de novembro 2019

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos aproveitar todas as calidades do bonito do norte, o peixe máis cotizado dentro da familia dos túnidos e rico en graxas saudables indicadas para reducir os niveis de colesterol malo

'Quiché'
'Quiché' / Meal Makeover Moms en Flickr

Mergullámonos nunha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha sinxela receita de forno da man de Conservas Pescamar, que leva como principal ingrediente o bonito do norte.

O Bonito do Norte Pescamar é un peixe azul rico en graxa saudable, xa que contén unha gran cantidade de ácidos graxos poliinsaturados, indicados para reducir os niveis de "colesterol malo". A esta calidade, hai que engadir os efectos beneficiosos para a saúde cardiovascular da súa presentación en aceite de oliva.

Para preparar esta deliciosa 'Quiché' de bonito do norte Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar

- 1 tomate

- 1 cabaciña

- 1 cebola

- 200 ml de leite evaporado

- 3 ovos

- Aceite

- Sal e pementa

- Para a masa: 150g de fariña, 75g de manteiga

Preparación:

Colocamos a fariña sobre o mármore en forma de volcán e poñemos no centro a manteiga en tacos pequenos, un pouco de sal e 2 ou 3 culleradas de auga. Traballamos lixeiramente a masa ata obter unha pasta ligada. Deixamos repousar 30 minutos.

A continuación, estiramos a masa cun rodete e forramos coa mesma un molde de torta. Picamos o fondo cun garfo e poñémola a cocer no forno durante 8 minutos.

Cortamos a cebola e fritímola en aceite de oliva a lume suave ata que comece a estar tenra. Engadimos o tomate e a cabaciña cortados en porcións e sofritimos.

Retiramos a mestura do lume. Enxugamos os ingredientes e mesturámolos co Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar. Colocamos a mestura sobre a torta.

Batemos os ovos, engadimos o leite evaporado e sazonamos con sal e pementa. Cubrimos con esta crema a torta e cocemos no forno, a temperatura media, durante 45 minutos aproximadamente.

A 'Quiché' de atún claro en aceite de oliva Pescamar é unha boa alternativa para un menú completo tanto en entrante, con pequenas porcións por comensal, como para prato principal.

Nuns días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de “A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.