Queres ser cómplice de Melchor, Gaspar e Baltasar?

Pontevedra
13 de decembro 2016

É a terceira edición desta exitosa campaña de recollida de xoguetes novos para familias pontevedresas sen recursos económicos para que os nenos reciban, o día de Reis, xoguetes novos

Agasallo
Agasallo / Hades2k

A Fundación Meniños busca cómplices das Súas Maxestades de Oriente.

É a terceira edición desta exitosa campaña de recollida de xoguetes novos para familias pontevedresas sen recursos económicos para que os nenos reciban, o día de Reis, xoguetes novos.

A Fundación Meniños é a encargada de xestionar o programa que se porá en marcha este venres. As persoas interesadas poderán participar ben inscribíndose no correo [email protected]ou ben dirixíndose directamente á Casazul. Podes inscribirte clicando aquí.

Meniños solicitará os datos aos servizos sociais do Concello xa que se poden acoller a este programa nenos de 0 a 18 anos. Os rapaces deberán escribir a súa carta aos Reis Magos, e esta faráselle chegar aos cómplices que o desexen. Estes cómplices deberán entregar o agasallo na Casazul antes do 30 de decembro.

Aínda que os cómplices son os que porán límite ao agasallo, dende Meniños se fixa un prezo máximo de 30 euros, de tal xeito que todos os rapaces teñan un regalo similar en contía.