Quen serán os nosos deputados no Parlamento galego?

Pontevedra
26 de setembro 2016

As eleccións do 25-S en Galicia deixaron un Parlamento galego con moitas caras novas entre os seus deputados. O PP volveu a ser a forza máis votada na provincia de Pontevedra e logrou manter as once actas que logrou en 2012. En Marea, herdeiro de AGE, alcanza os cinco deputados e supera ao PSdeG-PSOE, que queda en catro. O BNG con dous completa a representación pontevedresa

Parlamento galego
Parlamento galego

As eleccións do 25-S en Galicia deixaron un Parlamento galego con moitas caras novas entre os seus deputados. O PP volveu a ser a forza máis votada na provincia de Pontevedra e logrou manter as once actas que logrou en 2012. En Marea, herdeiro de AGE, alcanza os cinco deputados e supera ao PSdeG-PSOE, que queda en catro. O BNG con dous completa a representación pontevedresa. Pero, quen son?

Alberto Núñez Feijóo, que se presentaba ás eleccións galegas como número 1 por Pontevedra, encabeza o grupo de once deputados do PP de Pontevedra. Entre eles, sitúanse ata catro dos seus conselleiros ata agora: Alfonso Rueda, titular de Presidencia; Jesús Vázquez Almuíña (Sanidade), Román Rodríguez (Cultura e Educación) e Valeriano Martínez (Facenda).

Teresa Egerique, concelleira en Vigo; Lupe Murillo, presidenta do Pontevedra CF; José Manuel Cores Touris, ata agora delegado da Xunta en Pontevedra; Nava Castro, directora xeral de Turismo na Xunta; Marta Rodríguez, deputada na última lexislatura; e Ignacio López Chaves, delegado territorial da Xunta en Vigo, completan a nómina de deputados.

A ninguén se lle escapa que, se Núñez Feijóo repite o esquema de mandatos anteriores, aqueles que sexan conselleiros ou altos cargos do goberno deberán ceder a súa acta de deputado, polo que os que finalmente acaben sentados no Pazo do Hórreo poderían ser outros.

Así que, ollo aos seguintes na candidatura do PP pola provincia como José Balseiros (alcalde de Cerdedo), Alberto Pazos (director xeral de Administración Local), os deputados Javier Dorado e Rosa Oubiña ou o portavoz do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, poderían acabar entrando no novo Parlamento.

Catro dos cinco deputados de En Marea, pola súa banda, proceden de Podemos. Xunto coa súa secretaria xeral en Galicia, Carmen Santos -número 1 por Pontevedra-, estarán Marcos Cal (un dos impulsores do 15M en Pontevedra), Juan José Merlo (secretario de Organización de Podemos a nivel autonómico) e a viguesa Paula Quinteiro. O seu quinto escano será para a tamén viguesa Eva Solla, deputada procedente de Esquerda Unida.

Dous das novas deputadas do PSdeG-PSOE son da cidade de Pontevedra. Trátase de Patricia Vilán, ata agora portavoz socialista no Parlamento, e a arquitecta María Pierres. Compartirán asento co deputado vigués Abel Losada, que encabezou a lista pola provincia, e co arousán Julio Torrado.

Luís Bará, número 1 da candidatura do BNG por Pontevedra e concelleiro na capital, representará aos nacionalistas pontevedreses xunto a unha veterana na cámara autonómica, a súa principal referencia no Salnés, Montserrat Prado.

Arquivado en