Quen merece o Premio Cidade de Pontevedra?

Pontevedra
08 de decembro 2013

O Concello de Pontevedra abriu o prazo para a presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra.  As persoas ou entidades interesados en presentar candidaturas poden dispor das bases tanto no Rexistro xeral do Concello como no taboleiro de anuncios. Cal é a súa proposta?

Premios Cidade de Pontevedra
Premios Cidade de Pontevedra / Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra abriu o prazo para a presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra. As persoas ou entidades interesados en presentar candidaturas poden dispor das bases tanto no Rexistro xeral do Concello como no taboleiro de anuncios.

Os Premios Cidade de Pontevedra teñen como finalidade galardoar o relevante labor desenvolto na modalidade individual por unha persoa física e, na modalidade colectiva, por persoas xurídicas (asociacións, entidades ou colectivos de caracter cultural, social xuvenil, empresarial, etc..). O xurado terá en conta e valorará especialmente o labor desenvolto no ano que corresponda.

Concederanse os seguintes premios: A unha persoa física vencellada, dalgún xeito, ao municipio de Pontevedra e os seus habitantes. A unha persoa xurídica, asociación, entidade ou colectivo que teña desenvolto un labor de especial proxección cara Pontevedra e os seus habitantes. Para cada unha das modalidades outorgarase un único premio, que consistirá nun Teucro de prata e un diploma.

Os candidatos a ambas as dúas modalidades poderán ser propostos por calquera asociación, institución, entidade ou colectivo do municipio de Pontevedra; sen que poida ningunha delas propoñerse a ela mesma. Ditas propostas serán presentadas no Rexistro do Concello. Nelas sinalaranse tódolos datos posibles do candidato ou candidatos propostos. Deberase adxuntar, asimesmo, unha memoria xustificativa que saliente a traxectoria persoal e profesional de cada un dos candidatos propostos.

As persoas físicas ou xurídicas propostas deberán sempre ter coñecemento da súa candidatura.

Unha vez rematado o prazo de presentación de propostas, o 7 de xaneiro, o xurado fixará a primeira das súas reunións, ao longo da semana seguinte á da finalización do prazo de presentación de candidaturas, co fin de analizar as propostas existentes. Procederase ao estudo, polo miúdo, da biografía e do currículo de cada un dos candidatos propostos.

Tódolos membros do xurado tratarán de consensuar, de maneira unánime o outorgamento dos premios; de non ser así, deberá chegarse á obtención dunha maioría cualificada de dous tercios. Se o xurado, na primeira reunión, non chegase a unanimidade ou a unha maioría cualificada de dous tercios, poderán propor outros candidatos nunha segunda sesión, sempre que sexa por unanimidade, tanto a proposta como a elección. Asimesmo, poderase deixar deserto o premio.

Unha vez que o xurado acorde os premios, a corporación municipal, en sesión plenaria, prestará aprobación aos mesmos y esta decisión será inapelable.

Os premios serán entregados na sesión extraordinaria de honras que, para tal efecto, ten lugar tradicionalmente o día 20 de xaneiro, festividade de San Sebastián.