Quedan dous únicos ingresados por coronavirus, un en planta e outro na UCI

Pontevedra
16 de outubro 2021

O Servizo Galego de Saúde notifica este sábado 16 de outubro, 28 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. É un máis que onte venres  

Datos covid-19 durante este sábado 16 de outubro na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Datos covid-19 durante este sábado 16 de outubro na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés / Sergas

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica este sábado 16 de outubro, 28 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. É un máis que onte venres.

Nas últimas 24 horas confirmáronse catro novos casos nas probas diagnósticas de infección activa practicadas.

O número de pacientes hospitalizados é de 1 persoa atendida en planta o Hospital Montecelo. Queda un só paciente ingresado en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo. O resto dos que contraeron o virus, 26 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.

Desde o inicio da pandemia 21.215 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse outras 2 persoas.

Durante a pandemia rexistráronse 205 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 305.509, nas últimas 24 horas fixéronse 147. A estas probas súmanse as 145.110 probas de antígenos e outras 109.780 probas de detección realizadas ata a data.

BUQUE ACHILLEAS 

Sanidade Exterior levantou este xoves a corentena ao buque Achilleas que permanecía fondeado no as inmediacións do Porto de Marín tras detectarse un caso de COVID fai once días. 

A Administración sanitaria activou o protocolo cando saltou a alarma e decretou unha corentena para toda a tripulación en contacto co posible positivo. Finalmente, onte, Sanidade deu permiso ao buque para que continúe co seu roteiro.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 451 deles 147 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 65 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 80 da área de Vigo, 73 da de Santiago e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 27 en unidades de hospitalización e 417 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.651 persoas curadas, rexistrándose 2.646 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.868.359. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.408.546.