Que tipo de xestión debería ter o novo centro de saúde de Marín?

Marín
16 de novembro 2014

O Movemento Veciñal organiza un debate sobre a sanidade en Marín. Desta volta o tema a debater é o futuro centro de saúde e as características e tipo de xestión que este debera ter

Unha médico pediatra atendendo a unha nena
Unha médico pediatra atendendo a unha nena / Junta de Andalucía

O Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns de Marín organiza o mércores 19 de novembro o segundo dos seus debates dentro do seu "Foro Aberto de Debate" que comezaron no mes de outubro.

Desta volta o tema a debater é o futuro centro de saúde de Marín e as características e tipo de xestión que este debera ter.

Para debater sobre este tema o Movemento contará coa presenza de Manuel Martín, médico de atención primaria no centro de saúde de Seixo e portavoz de SOS Sanidade Pública, e Luisa Lores, médica radióloga do CHOP e tamén membro de SOS Sanidade Pública.

O debate terá lugar o mércores 19 de novembro a partir das 20 horas na biblioteca de Marín.