Que opinan os pontevedreses do nomeamento de Mariano Rajoy como "persoa non grata"?

Pontevedra
20 de febreiro 2016

O nomeamento de Mariano Rajoy como "persoa non grata" por parte do PSdeG-PSOE e Marea e que conta co apoio do BNG parece non sorprender a moitos pontevedreses, que consideran que está xustificada pola consolidación de ENCE na ría

Mariano Rajoy nunha das suas visitas a Pontevedra.
Mariano Rajoy nunha das suas visitas a Pontevedra. / Mónica Patxot
Enquisa sobre que opinan os Pontevedreses sobre que Rajoy sea nomeado "persona non grata" /

Mariano Rajoy será considerado "persoa non grata" a partir do luns 22 na súa propia cidade. Esta petición iniciada por PSdG-PSOE xunto con Marea e apoiada polo BNG será oficial a partir da próxima semana. Este nomeamento fundaméntase nas decisións que tomou o goberno central en funcións de prorrogar durante 60 anos a permanencia da empresa ENCE en Lourizán. 

Os pontevedreses teñen opinións dispares, por unha banda cren que o merece e que é inxusto o que o PP fixo coa ría. "Despois da labazada que lle deron, el devólvea, pero devólvea estragando a ría para toda a vida", comentaba indignado un señor que paseaba polas rúas da zona vella.

A xente maior é a que máis a favor está desta nomenclatura, cren que a baixada de pensións e os recortes que exerceu durante o seu mandato foron un desastre. "Non sei para que se mete en camisas de once varas, parece mentira, pero é o que hai", declaraba outro veciño de Pontevedra.

E doutra banda, a xente de mediana idade cre que é esaxerado, todos están de acordo en que a prórroga de ENCE é un erro e que debería trasladarse a outra localización, pero que o "castigo municipal" é demasiado forte. Consideran que Rajoy non é o único responsable.

Na enquisa realizada por PontevedraViva os mozos son os menos interesados no tema, algúns cren que o merece pero a maioría móstranse indiferentes porque din "non cambia nada".