Alumnos de infantil do colexio de Ponte Sampaio acudiron este luns á sede de Afundación para ver a obra de teatro "Burbullas de papel". Un espectáculo sen palabras que combina a danza, a música e a interacción multimedia.
Aproveitando a saída escolar visitaron tamén a redacción de PontevedraViva para coñecer o traballo de xornalista.
Marisa Ciordia foi a anfitrioa neste percorrido que estivo centrado na radio.
Os pequenos coñeceron o funcionamento deste medio de comunicación e tiveron a oportunidade de demostrar o seu talento ante o micrófono.