Un punto limpo móbil percorrerá todo o concello para recoller pilas, móbiles ou residuos de pequeno tamaño

Pontevedra
07 de abril 2025
Actualizado: 13:13

O alcalde presentou o servizo, recollido no novo contrato de xestión de residuos. O punto limpo do Campiño continuará aberto sen cambios. Será itinerante e chegará a barrios e parroquias

Presentación do novo punto limpo móbil para residuos de pequeno tamaño
Presentación do novo punto limpo móbil para residuos de pequeno tamaño / Mónica Patxot

O novo contrato de xestión de residuos que entrará en vigor previsiblemente a partir do mes de xuño incluirá unha nova iniciativa que pretende achegar os servizos á cidadanía de todo o municipio

Trátase dun punto limpo móbil para recoller residuos de pequeno tamaño como pilas, móbiles, elementos metálicos e, en xeral, todos aqueles obxectos non reciclables polo sistema de recollida selectiva nin tampouco no colector xeral.

O alcade, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou o novo punto limpo móbil este luns na praza de España e, a modo de exemplo, explicou que aí se recollerán, por exemplo, tixolas

Tamén terá opción de recoller voluminosos, pero para este tipo de materiais, Lores sinala que seguirá funcionando o punto limpo situado no polígono do Campiño.

Tamén seguirá funcionando o sistema actual de recollida de voluminosos, segundo o cal o cidadán avisa o día anterior, deposita o voluminoso na illa de colectores que decida e os traballadores do servizo recollerán todos eses obxectos. 

Serán en total 17 puntos de recepción de materiais diferentes e Lores destaca que é "un servizo fundamental de pequenas cousas que non se van levar a un punto limpo porque non ten sentido, pero que tampouco debería meterse no contedor de non reciclables".

O punto limpo móbil vai estar dispoñible todos os días da semana agás os domingos e será itinerante por todos os barrios e parroquias. "A idea é que percorra o concello entero", asegurou Lores.

Presentación do punto limpo móbil para residuos de pequeno tamaño
Presentación do punto limpo móbil para residuos de pequeno tamañoMónica Patxot

De momento, non están establecidas as localizacións exactas nin a periodicidade na que se instalará, pero o alcalde avanzou que, cando estea definido, instalarase en cada unha das ubicacións unha columna que "explicará que é o que se recolle nese punto limpo e os días que vai estar dispoñible".

O novo contrato de xestión de residuos está sin asinar, pero xa está moi avanzado. "A empresa está traballándo con suministros" e, en canto se firme, "empezarán a incorporar todos os servizos novos que están previstos no prego".  

O alcalde calcula que estará dispoñible "a partir do un de xuño".