Zahara, a artista andaluza que se caracteriza por ser polifacética ao manter unha carreira profesional como cantante, compositora, actriz, presentadora de televisión, produtora e escritora, ofrecía unha charla este sábado no Museo de Pontevedra dentro dos actos organizados polo Concello de Pontevedra con motivo do 25N.
A creadora dos álbums 'La pareja tóxica', 'Santa', 'Puta', 'Reputa' e 'Madre' mantivo unha conversa coa xornalista Susana Pedreira para falar sobre a violencia machista nas súas diferentes modalidades ante numeroso público de todas as idades, entre os que non faltaba integrantes da corporación municipal e pintores como Antón Sobral.
Zahara tivo repercusión mundial cando en 2021, o Concello de Toledo e o partido VOX retiraban o cartel promocional da xira 'Puta'. A artista recibiu apoio en redes sociais a través dun movemento internacional en defensa da liberdade creativa.
A concelleira Anabel Gulías presentou o acto, que tivo continuidade durante a tarde co concerto da cantante libanesa Nadine Khouri no mesmo espazo. Esta compositora crea atmosferas emotivas e perturbadoras nos seus temas acústicos.