Prueban en Silgar un sistema de intelixencia artificial para controlar o aforo nas praias

Sanxenxo
29 de maio 2020

Sanxenxo probou este venres un sistema de intelixencia artificial que permitiría controlar o aforo nas súas praias, fóra da de Silgar onde non será necesario aplicalo xa que estará restrinxida mediante a división do areal en cuadrículas

Proba do control de aforo en Silgar
Proba do control de aforo en Silgar / Concello de Sanxenxo

Sanxenxo probou este venres un sistema de intelixencia artificial que permitiría controlar o aforo nas súas praias, fóra da de Silgar onde non será necesario aplicalo xa que estará restrinxida mediante a división do areal en cuadrículas.

A empresa viguesa Itera, en colaboración coa Universidade de Vigo, é a responsable deste sistema creado para medir a capacidade das praias.

"A nosa obriga é coñecer as distintas posibilidades para o control de aforo e esta proposta nos permite coñecer in situ este sistema que é moi interesante", destacou o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín.

O sistema consiste na colocación de cámaras en distintos puntos da praia das que se extraen imaxes e, a través delas, con algoritmos e cálculos estatísticos determínase a situación do aforo da praia.

As imaxes sóbense logo a unha plataforma para poder saber cada certo tempo o estado da praia. "En ningún caso identifícase a persoas e as imaxes non se almacenan. Bórranse periodicamente", explicou Lorena Rosende, unha das responsables da empresa.

A empresa, que ata o de agora traballaba coa industria eléctrica e de automoción, puxo en marcha por mor da COVID-19 este sistema, no que colabora o profesor da Universidade de Vigo, Fernando Martín, experto en intelixencia artificial e autor dun proxecto que permite descartar sobre a marcha as distintas especies capturadas na pesca de arrastre.