Proyectan unha reforma integral na zona de Pedreiras

Marín
26 de febreiro 2021

Xa está en marcha a tramitación da primeira fase, na que se procederá á substitución de todo o pavimento e a renovación dos servizos da rúa de Pedreiras de Arriba. As obras continuarán por Pedreiras de Abaixo, Pedreiras do Medio e Camiños da Fonte de Pedreiras

Rúa Fonte do Oeste e Pedreiras
Rúa Fonte do Oeste e Pedreiras / Concello de Marín

O Concello de Marín continúa coa súa liña de inversións para a mellora dos servizos e espazos públicos nas zonas do rural.

O próximo gran proxecto no que está a traballar o Goberno local é na zona de Pedreiras, onde se procederá a realizar unha reforma integral, coa rehumanización de diversos espazos e a renovación de todos os servizos nas rúas de Pedreiras de Arriba, Pedreiras de Abaixo, Pedreiras do Medio e Camiños da Fonte de Pedreiras.

Dadas as características do ámbito de actuación, tanto pola súa extensión, de preto de 3.000 metros cadrados de intervención na vía pública, como pola súa ubicación cunha orografía singular, o proxecto global dividirase en catro fases.

Nunha primeira fase, acometerase a rúa de Pedreiras de Arriba. A actuación continuará pola rúa de Pedreiras do Medio. En terceiro lugar, as obras chegarán ata a rúa de Pedreiras de Abaixo. E pecharase a intervención no Lavadoiro e Camiños da Fonte de Pedreiras.

En total, realizarase una inversión de 842.961,52 euros.

Xa está en marcha a tramitación da primeira fase, na que se procederá á substitución de todo o pavimento e a renovación dos servizos da rúa de Pedreiras de Arriba.