O proxecto de renaturalización, un "acto de xustiza coa natureza e co río Gafos" que xa coñece a cidadanía

Pontevedra
21 de marzo 2025
Actualizado: 22 de marzo

O proxecto definitivo de renaturalización ao seu paso polo barrio de Campolongo presentouse en sociedade nun acto público no Teatro Principal coa presenza de particulares, políticos e colectivos

Presentación do proxecto de renaturalización do Gafos no Teatro Principal
Presentación do proxecto de renaturalización do Gafos no Teatro Principal /

O proxecto definitivo de renaturalización do río Gafos ao seu paso polo barrio de Campolongo presentouse este venres en sociedade nun acto público no Teatro Principal. 

As diferentes asociacións e colectivos interesados nesta actuación, a cidadanía en xeral e representantes dos distintos grupos políticos tiveron oportunidade de coñecer de primeira man os detalles da actuación, que presentaron o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o equipo redactor do proxecto, a empresa madrileña Calco, Territorio e Urbanismo. 

"Este proxecto é un acto de xustiza coa natureza e co río Gafos", resumiu o alcalde, quixo agradecer "a paciencia e a comprensión" das veciñas e veciños de Campolongo e de toda Pontevedra polas molestias que se xeraron polo mal estado da cuberta. 

A pesar de todo, amosouse convencido de que as demoras e inconvenientes "van ter unha enorme compensación" coa execución deste proxecto, no que ve "unha reparación dunha inxustiza". 

Presentación do proxecto de renaturalización do Gafos no Teatro Principal
Presentación do proxecto de renaturalización do Gafos no Teatro PrincipalMónica Patxot

O proxecto, que puido verse a todo detalle nunha pantalla xigante sobre o escenario, afecta ao trazado actualmente cuberto, entre as rúas Alcalde Hevia e Xeneral Antero Rubín, e prevese que estará completo en doce meses.

Lores anunciou este venres que o seguinte paso será pedir a autorización a Augas de Galiza para intentar licitar, adxudicar e realizar as obras "o antes posíbel".

A actuación, que ten un orzamento de 4,6 millóns de euros, está dirixidada por un equipo multidisciplinar composto por profesionais expertos en espazo urbano, paisaxismo, ecoloxía, enxeñaría hidráulica e civil e patrimonio.

O alcalde explicou á cidadania presente que ao goberno local teríalle gustado facer unha exposición pública cun amplo proceso participativo, pero non foi posible polos prazos da subvención, de maneira que se intentou este venres recoller todas as suxestións e aclarar todas as dúbidas.

O proxecto estará publicado na páxina web municipal para mellor estudio e análise e este venres, ao remate da súa exposición, os responsables de Calco, Territorio e Urbanismo tamén recibiron o feedback dos asistentes. 

O rexedor explicou que sempre tivo a "conciencia clara" da necesidade de recuperar e poñer en valor o patrimonio natural e cultural, mais tamén sempre foi consciente das "inmensas dificultades" que presentaba lograr este obxectivo.

Fixo un repaso polo camiño ata chegar ata este momento, un proxecto "moi complexo", tanto de iniciativa como de tramitación e financiamento para o que houbo intentos nos anos 90, coa proposta dos Sarandeses, e no inicio dos 2000, especialmente por parte de Carme da Silva. E lembrou a achega do concelleiro socialista Iván Puentes, que, na súa etapa no goberno local no mandato pasado, tramitou unha petición de fondos á Fundación Biodiversidade.

Entre as características xerais máis destacábeis deste proxecto este venres destacáronse no Teatro Principal que se van a quitar da canle os colectores de augas residuais para evitar toda posibilidade de fugas ou verquidos de fecais e lograr unha grande mellora estética; que se van a construír tres pasos peonís para mellor conectividade entre as dúas beiras do río, unha delas unha ampla plataforma diante do colexios; e que se vai mellorar e ordenar toda a zona pública de influenza do río para que sexa de alta calidade urbana e o máis naturalizada posíbel.

O proxecto supón descubrir 3.800 metros cadrados de río que agora esta canalizado baixo terra. O formigón retirarase completamente e substituirase parcialmente por granito perpiaño de cor gris e crearanse máis de 3.100 metros cadrados de zona arbustiva e 690 metros cadrados de pradaría natural.

Coñece aquí máis detalles do proxecto.