Proxección de curtametraxes para abrir a programación do 8M en Poio

Poio
03 de marzo 2020

O Casal de Ferreirós acollerá este mércores 3 de marzo as 20:00 horas o inicio da programación do 8 de marzo en Poio cunha proxección de curtametraxes como actividade principal. 

A fachada do Concello de Poio iluminada de morado polo Día Internacional da Muller.
A fachada do Concello de Poio iluminada de morado polo Día Internacional da Muller. / Concello de Poio

O Casal de Ferreirós acollerá este mércores 3 de marzo ás 20:00 horas o inicio da programación do 8 de marzo en Poio cunha proxección de curtametraxes como actividade principal. 

'A ninguna parte', 'Escarnio e maldicir', 'El jefe' e 'Matria' serán as obras exhibidas por tratar temáticas vencelladas ao 8M coma son os roles femininos positivos, o empoderamento ou os valores que inciden na igualdade afectiva entre xéneros. 

A entrada ás proxeccións será gratuíta e contará cun faladoiro posterior sobre os contidos tratados nas curtas. Ademáis, as pezas audiovisuais poranse a disposición da dirección do IES Poio para elaborar unidades didácticas sobre o 8M. 

A programación continuará o venres ás 20:00 horas cunha homenaxe a cinco veciñas do municipio como recoñecemento á súa traxectoria vital e social. Ao longo do mes de marzo, os cinco CEIPS de Poio acollerán sesións de contacontos ilustrados que darán a coñecer a vida das homenaxeadas.

Durante o acto tamén se procederá a presentar, cunha tirada de 1.000 exemplares, a segunda edición do libro "Mulleres en Poio", creado polo colectivo Polo Correo do Vento e con ilustracións de Tania Solla. 

Ademáis, tamén con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, a fachada do Consistorio permanecerá iluminado desde ese martes 8 de marzo con luces de cor morada.