Protestas en Pontevedra polo "insultante e humillante" recorte salarial en La Voz de Galicia

Pontevedra
22 de maio 2013

Unha redución de soldo de ata o 16% e un recorte do 66% nos complementos que reciben. Iso para o que resta de 2013. Para o próximo ano, sería do 15 e do 33 por cento, respectivamente. Son as rebaixas salariais que, segundo denuncia o comité de empresa, quere impoñer La Voz de Galicia aos seus traballadores. Unha formulación que se atopou co rexeitamento frontal do persoal do histórico xornal

Concentración dos traballadores da delegación de La Voz de Galicia en Pontevedra
Concentración dos traballadores da delegación de La Voz de Galicia en Pontevedra / Comité de empresa de La Voz de Galicia

Unha redución de soldo de ata o 16% e un recorte do 66% nos complementos que reciben. Iso para o que resta de 2013. Para o próximo ano, sería do 15 e do 33 por cento, respectivamente. Son as rebaixas salariais que, segundo denuncia o comité de empresa, quere impoñer La Voz de Galicia aos seus traballadores. Unha formulación que se atopou co rexeitamento frontal do persoal do histórico xornal.

Por iso é polo que inicien unha serie de mobilizacións para que a empresa retire a súa proposta. Os traballadores da Delegación de Pontevedra de La Voz de Galiciasumáronse este martes a estas concentracións de protesta que, por terceiro día, leváronse a cabo diante de todos os centros de traballo que este medio de comunicación ten por toda Galicia.

Cun cartel alusivo ao recorte salarial co lema "Non á proposta do -66%", os xornalistas pontevedreses protagonizaron unha concentración, durante a hora do café, ante as súas oficinas na rúa Rosalía de Castro.

O comité de empresa de La Voz de Galicia asegura, a través do blog que crearon para denunciar a súa situación laboral, que esta rebaixa salarial que propón a empresa no proceso de negociación que acaba de abrir ao amparo da reforma laboral, é "insultante e humillante".

Denuncian que, fronte a esta medida unilateral de "africanización de salarios", La Voz de Galiciagañou máis de medio millón de euros no exercicio de 2012, e que durante a negociación do convenio en 2011, os traballadores "xa fixemos graves sacrificios". Neste sentido, explican que fronte a unha redución de soldo dun 14%, os salarios de alta dirección "creceron nalgún caso ata case un 12%".