Protesta de Cubela tras a lenta reposta ao lume de Valongo

Cerdedo-Cotobade
31 de agosto 2018

O presidente municipal de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, reiterou este venres a súa solicitude de que se proceda á inmediata comarcalización dos servizos de Emerxencias na bisbarra de Pontevedra

Os bombeiros da Estrada acudiron a un incendio en Valongo
Os bombeiros da Estrada acudiron a un incendio en Valongo

O presidente municipal de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, reiterou este venres a súa solicitude de que se proceda á inmediata comarcalización dos servizos de Emerxencias na bisbarra de Pontevedra despois da lenta resposta ofrecida polos equipos de extinción ao lume de este xoves nunha vivenda en reconstrución na parroquia cotobadesa de Valongo.

En concreto, precisou que os bombeiros do Salnés, que son os encargados de atender ao concello, chegaron en 55 minutos, mentres que o GES da Estrada, que acudíu de apoio, compareceu aos 65 minutos de decretarse o incendio.

"Non é de recibo que un municipio limítrofe coa capital provincial teña que agardar unha hora para recibir atención nunha incidencia, polo que esiximos unha solución áxil e inmediata a este problema", declarou Cubela, que cre que a situación está clara "coa Xunta apostando pola comarcalización e anunciando a súa intención de poñer cartos e a Deputación de Pontevedra, malia ser a competente nas emerxencias dos concellos de menos de 20.000 habitantes, bloqueando a que, sen dúbida, é a mellor solución para os cidadáns".