Protesta á luz das candeas

Pontevedra
22 de marzo 2014

Arredor de medio millar de cidadáns iluminaron o Hospital Provincial nunha simbólica protesta na que os manifestantes portaban candeas e lanternas. O voceiro da Plataforma SOS Sanidade Publica, Francisco Vizoso, explicaba este significado "por unha banda e a iluminación dá sanidade pública que temos que defender e por outra trátase dun velorio porque nola queren matar"

Protesta con velas en defensa da Sanidade Pública
Protesta con velas en defensa da Sanidade Pública / Diego Torrado

Arredor de medio millar de cidadáns iluminaron o Hospital Provincial nunha simbólica protesta na que os manifestantes portaban candeas e lanternas.

O voceiro da Plataforma SOS Sanidade Publica, Francisco Vizoso, explicaba este significado "por unha banda e a iluminación dá sanidade pública que temos que defender e por outra trátase dun velorio porque nola queren matar".

Este acto tamén serviu como chamada de atención á mobilización convocada o mércores 26 de marzo en defensa da sanidade pública pola plataforma sindical que conforman CESM-Omega, CSIF, CIG, SAE, UGT, CC.OO e TSP.