Prórroga dun ano ao convenio entre Deputación e Concello para acometer as obras da reforma de Barcelos

Pontevedra
30 de decembro 2023

Tamén se prorrogou o convenio para renovar a iluminación pública da zona sur do centro urbano da cidade de Pontevedra. O pleno provincial tivo o seu punto máis debatido nas bases reguladoras do plan +Provincia, que se aprobou cun orzamento de 48,2 millóns de euros

Luis López preside o pleno provincial de decembro de 2023
Luis López preside o pleno provincial de decembro de 2023 / Deputación de Pontevedra

O pleno provincial aprobaba por unanimidade a prórroga dos convenios entre a Deputación de Pontevedra e o Concello da capital. Desta forma amplíase ata o 31 de decembro do 2024 a data de xustificación das obras relacionadas coa reforma da rúa perimetral da Praza de Barcelos en Pontevedra e tamén a renovación da iluminación pública da zona sur do centro urbano da cidade.

Pola súa banda, o portavoz do BNG na Deputación, César Mosquera, pedía que unha vez pase o parón actual en Santa Clara abórdese a segunda fase da reforma na Praza de Barcelos que depende do proxecto final do convento para que se integre no espazo urbano. Sinalou que esa parte da praza se atopa condicionada pola resolución que se ofreza á entrada a Santa Clara.

Durante a súa intervención, o anterior vicepresidente provincial indicaba que ata o momento tanto a Deputación como o Concello colaboraron sempre de forma positiva ata o punto de levarse a cabo unha cesión dunha parte da Rúa Serra, correspondente co Edificio Castelao do Museo, para incorporala ao espazo público.

O último pleno provincial do ano tivo o seu momento de maior tensión en relación co debate sobre as bases reguladoras do plan +Provincia, que está dotado con 48,2 millóns de euros.

Trátase do plan de obras e servizos para o 2024 que se desenvolverá nos 59 municipios de menos de 50.000 habitantes.

O punto contou co apoio do PP e do BNG mentres que o PSOE voto en contra ao entender que non se trata dun verdadeiro plan de obras senón un plan para pagar facturas nos caixóns dos concellos máis endebedados e sufragar gasto corrente, segundo indicaba o portavoz socialista Carlos Font no debate.

Pola súa banda, Jorge Cubela, do Partido Popular, defendeu o plan destacando a incorporación do reto demográfico, entre outros criterios de repartición dos fondos. Manifestou que as bases amplían a autonomía dos gobernos locais ao permitir recorrer que recorran a un 30% do crédito de investimento, e de maneira excepcional a un 50%, para atender gasto corrente como amortización de débedas de exercicios anteriores, financiamento de servizos municipais ou a sufragar obras que non figuren como investimentos.