A concellaría de Turismo de Cuntis quere potenciar a imaxe do municipio nas redes sociais cunha campaña que pon en marcha para amosar a beleza do outono a través de fotografías de residentes e visitantes.
Para formar parte desta iniciativa, desde o Concello propoñen que cada persoa envíe unha foto a Turismo de Cuntis.
Ao mesmo tempo, piden que se etiquete a @turismodecuntis en Instagram, Facebook ou tamén a través de WhatsApp ao publicar imaxes nas redes sociais particulares.
Ademais, piden o uso do cancelo #OutonoEnCuntis, así como etiquetar como colaboradora a conta de Turismo.
A intención é recoller tradicións, paisaxes, cogomelos, gastronomía e sensacións características do municipio durante a estación outonal.