Propoñen un tren de proximidade que una Pontevedra e Vigo con Viana do Castelo

Pontevedra
19 de xuño 2024

Representantes do sindicato Comisiónes Obreiras, encabezado polo seu secretario provincial en Pontevedra, Antón Conde, reuníronse este martes co subdelegado do Goberno, Abel Losada, para presentarlle esta proposta, que este último prometeu analizar

Representantes de CC.OO reunidos co subdelegado do Goberno, Abel Losada
Representantes de CC.OO reunidos co subdelegado do Goberno, Abel Losada / Subdelegación del Gobierno

O sindicato Comisións Obreiras propuxo ao Goberno que estude crear un servizo ferroviario de proximidade que una as cidades de Pontevedra e Vigo coa localidade portuguesa de Viana do Castelo.

Representantes deste sindicato, encabezado polo seu secretario provincial en Pontevedra, Antón Conde, reuníronse este martes co subdelegado do Goberno, Abel Losada, para presentarlle esta proposta, que este último prometeu analizar.

Esta iniciativa, segundo Conde, tería un carácter de "experiencia piloto" e supoñería crear un eixo de proximidade "intermodal e transfronteirizo" entre Galicia e o norte de Portugal.

"É o momento de lanzar esta rede de proximidade", sosteñen desde CC.OO., ao entender que a súa creación "está xustificada" pola demanda de prazas e de servizos.

Para iso, sería necesaria a colaboración entre o Goberno e a Xunta de Galicia, advirte o secretario provincial do sindicato.

Esta rede de proximidade, segundo reflicte o estudo impulsado polos promotores desta iniciativa, supoñería crear "sinerxias" entre ambas as rexións en materia de cultura, en servizos, en emprego, en economía ou no ámbito social.