Promoven obradoiros para aprender a educar con amor, respecto, empatía e firmeza

Pontevedra
02 de novembro 2024
Actualizado: 10:16

Organizados e impartidos por Semilla y Raíz DP van dirixidos a familias e coidadores de crianzas e de adolescentes e impartiranse en tres quendas no mes de novembro

Un grupo de nenos
Un grupo de nenos / Xunta de Galicia

O Concello de Pontevedra promove obradoiros de Disciplina Positiva para Familias co fin de que proxenitores ou coidadores aprendan a entender o comportamento dos crianzas, a reconducir condutas e implementar habilidades comunicativas e colaborativas.

Trátase dunha proposta educativa "guiada por principios como o amor, o respecto, a comunicación, empatía e firmeza".

Os talleres -organizados e impartidos por Semilla y Raíz DP- celebraranse no Pazo da Cultura (Seminario 3) no mes de novembro, en tres quendas de dúas xornadas cada un:

  • Días 15 e 16 de novembro, venres (de 17.00 a 19.30 horas) e sábado (de 10.00 a 13.00 horas)
  • Días 22 e 23 de novembro, venres (de 17.00 a 19.30 horas) e sábado (de 10.00 a 13.00 horas)
  • Días 25 e 26 de novembro, luns e martes (de 17.00 a 19.30 horas)

Son gratuítos e teñen prazas limitadas polo que é necesario inscribirse. Pode facerse a través do correo electrónico [email protected] ou no WhatsApp 623 992 002.

Os obradoiros van dirixidos a pais, nais e coidadores de crianzas e adolescentes. Inclúen unha breve exposición teórica sobre a disciplina positiva, o modelo educativo popularizado nos anos 80 do século XX pola psicóloga e educadora estadounidense Jane Nelsen, mais serán eminentemente prácticos, con intercambio de experiencias, discusións temáticas e dinámicas de grupo.

Traballarase en especial a introspección xa que a disciplina positiva pon o foco na conduta e reaccións adultas fronte a situacións de natureza infantil.

Semilla y Raíz DP pretende que, concluído o taller, os participantes conten con ferramentas e estratexias efectivas para fomentar un ambiente de respecto mutuo, cooperación e autonomía no ámbito familiar ou educativo e que desenvolvan habilidades para promover condutas asertivas e adecuadas nos seus fillos.