Un grupo de profesores da prisión de Bergen, en Noruega, visitarán a principios deste mes de novembro o centro penal da Lama interesados en saber máis sobre o proxecto que se desenvolve no seu centro de ensino E.P.A.P.U. Nelson Mandela.
O seu proxecto educativo ha recibido nos últimos anos un gran número de premios polo seu labor educativo, entre eles, o premio Miguel Hernández do Ministerio de Educación ou un premio internacional en proxectos eTwinning.
Tamén o seu club de lectura levouse un premio do Ministerio de Educación e logrou un dos premios InnovaGal, da Consellería de Educación polos seus proxectos educativos innovadores.
Desde a súa creación, este centro de educación de adultos do interior do centro penal participoi en diversos proxectos europeos con centros educativos de prisións de Portugal, Francia, Reino Unido, Romanía, Italia, Bélxica e Noruega.
Estes profesores noruegueses non serán os únicos visitantes do mes de novembro, senón que está previsto que un profesor da prisión portuguesa de Castelo Branco, candidato aos premios teacher prize europeos, acuda ao centro para formar aos docentes interesados no uso das TIC de forma segura e como ferramenta educativa dentro dunha prisión.
Este curso escolar, ademais, o Nelson Mandela iniciou dous proxectos de investigación en colaboración con profesorado da Universidade de Vigo, en relación coa análise de hábitos saudables e coa aprendizaxe manipulativo como metodoloxía didáctica.